Estrañas desaparicións. Unha nena moi especial. Un segredo desvelado. Unha arriscada misión de rescate. Marabillosos enxeños. Mundos paralelos. Aliados e inimigos...Son algúns dos ingredientes desta novela fantástica, galardoada en 1995 coa prestixio Estrañas desaparicións. Unha nena moi especial. Un segredo desvelado. Unha arriscada misión de rescate. Marabillosos enxeños. Mundos paralelos. Aliados e inimigos...
Son algúns dos ingredientes desta novela fantástica, galardoada en 1995 coa prestixiosa Medalla Carnegie, coa que se premian as mellores obras dirixidas a lectores infantís e xuvenís; velaquí as primeiras aventuras da apaixoante saga "A materia escura", convertida nunha obra de referencia en todo o mundo grazas á mestría e poderosa imaxinación do seu autor.
Ambientada na época victoriana, ande mandaban os férreos corsés da moral e as crenzas, esta obra aporta certas doses de rebeldía. Introduce elementos filosóficos, curiosidade científica e dúbidas existenciais que cuestionan as convencións establecidas. A loita entre o ben e o mal, o afán de coñecemento e a valentía son a chave para que mozos e adultos compartan este interesante desafío.
A tradución de Fernando Moreiras destaca polo seu esmero na recollida de dialectalismos e pola variedade de rexistros que quedan plasmados nesta apaixoante lectura, que comeza cuns versos do poeta e ensaísta inglés John Milton. A esta entrega seguiranlle "O coitelo sutil" e "O anteollo de ámbar". ...Continua Nascondi